CONSERVACIÓN DE ESTRADAS

Fabricamos produtos asfálticos

Emulsións, aditivos e mesturas bituminosas en frío.
Garantizamos a calidade e apostamos por mellorar continuamente.

Aplicamos os nosos microaglomerados

Dispoñemos da maquinaria e do equipo profesional
necesarios para as obras de mellora de viais.

QUEN SOMOS

QUIMIASFALT naceu en 2014, promovida por catro socios que aúnan máis de 20 anos de experiencia na fabricación e comercialización de produtos asfálticos, así como na conservación de estradas.

Somos especialistas en solucións para a conservación de estradas.

O noso obxectivo é fabricar e aplicar mesturas bituminosas e tratamentos superficiais, baixo un estrito control de calidade da fabricación, execución e servizo, perseguindo a plena satisfacción dos nosos clientes, cos seguintes compromisos:

  • O cumprimento dos estándares de calidade e a procura permanente da mellora dos nosos produtos, procesos e servizos.
  • A protección ambiental para conseguir o mínimo impacto posible da nosa actividade.
  • O logro do mellor clima laboral para os nosos traballadores e colaboradores.

PRODUTOS

Expertos en solucións para a conservación e mellora de viais.

Fábrica de Produtos Asfálticos

Na nosa fábrica, situada en Ordes (A Coruña), cunha capacidade de produción de 200 Tn. diarias, fabricamos todo tipo de emulsiones, mesturas bituminosas en frío e aditivos para microaglomerados.

Dispoñemos de laboratorio propio equipado para o control de calidade dos nosos produtos, así como para a elaboración de fórmulas de traballo para os Microaglomerados.

Execución de Microaglomerados en Frío

Especialistas na aplicación de microaglomerados en frío, tratamentos antiescorregadizos, selado de gretas e outros tratamentos superficiais.

Contamos co equipo humano e técnico para a realización destes traballos:

  • Máquinas pavimentadoras/extendedoras de Microaglomerados en frio, lechadas bituminosas e slurrys.
  • BREINING SHY 10000.
  • BREINING SP8000.

ASÍ TRABALLAMOS

Coñeza en imaxes as nosas instalacións e as nosas obras máis destacadas.

Instalacións

RESPONSABILIDAD SOCIAL CORPORATIVA

Calidade garantida polos máis estritos estándares

Coidamos os nosos procesos para satisfacer os estándares de calidade e certificacións máis esixentes, coa mirada posta na plena satisfacción dos nosos clientes, no coidado do medio ambiente e no maior compromiso cos nosos traballadores, colaboradores e administracións públicas.

Establecemos na nosa organización un Sistema de Xestión de Calidade orientado á mellora continua dos nosos produtos, servizos e procesos, tendo en conta a nosa capacidade técnica, competitividade, conduta ambiental e a prevención de riscos laborais.

O noso sistema de xestión susténtase nos seguintes principios:

  • Asegurar a plena satisfacción do cliente mediante o control dos procesos e produtos, dispoñendo da marcados CE de todos os nosos produtos.
  • Garantir ao persoal o nivel de formación necesario para o desenvolvemento das súas actividades.
  • Fomentar o sentido de responsabilidade en toda a organización, para a consecución dos niveis de calidade adecuados.

Por iso sometemos os nosos procesos de produción e servizos aos requirimentos das normas de calidade europeas e contamos coas certificacións das Normas UNE–EN–ISO 9001:2015 e UNE–EN-ISO 14001:2015 e o estándar OHSAS 18001:2007. Tamén dispoñemos da marcado marcado CE para todos os nosos produtos.

Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies. OK | Máis información